Imagen Imagen
 
4E comunicación
Nuestros clientes y nuestra profesionalidad nos avalan Imagen
Quienes SomosCartera de Clientes ImagenContacto
Servicios
Audiovisuales
Imagen
Gestión de Eventos
Imagen
Comunicación y Prensa
Imagen
Cámara
Personal freelance
 
Imagen
 

4E Comunicación somos un grupo de profesionais expertos no mundo da comunicación "multimedia", e dicir, o noso campo de traballo abrangue tanto a faceta estrictamente informativa como as relacións públicas, a publicidade ou o marketing.

O noso equipo conformámolo un conxunto salientable de xornalistas, publicistas, creativos, realizadores e reporteiros gráficos, en activo en diferentes medios de comunicación, e que contamos con experiencia na organización, desenvolvemento e cobertura informativa de todo tipo de eventos (congresos, foros, seminarios...). O noso propósito de cara ós vindeiros años é conseguir consolidarnos como unha empresa de referencia na prestación de servicios de comunicación dentro do escenario comunicativo galego.

Desde 4E Comunicación o noso principal obxetivo é ofrecer ós nosos usuarios unha ampla e plural gama de servicios (gabinete de comunicación, presentación de actos, elaboración de vídeos, retransmisión de congresos, servicios de protocolo, asesoría de comunicación, que relataremos no siguiente apartado), que poderán contratar de forma independente, segundo as necesidades. Ofertamos servicios integrais para que o consumidor escolla en base a súas potenciais demandas.

Deste xeito, os nosos clientes acadarán o fin perseguido, isto é, darán a coñecer o seu "producto" ó maior número de público interesado en acceder a él, co que se asegurarán da difusión e repercusión mediática do evento / producto / empresa en cuestión.

Disponibilidade (as 24 horas), seriedade e un amplio abanico de servicios constitúen o principal aval da política de comunicación de 4E Comunicación. Acadar a máxima proxección e consecuentemente, o maior éxito de cada un dos nosos clientes, constitúe a nosa razón de ser. Temos fixado como ámbito xeográfico de actuación prioritario Galicia, ainda que estamos abertos á expansión do noso grupo a outras comunidades.